We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Motor Perkins

by Motor Perkins

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Hai tempo xa tivemos que marchar cara a ningún lugar a estrela do norte é a nosa nai o grande ceo o noso lar quedamos sen patria o día de partir, somos sombras no ancho mar non queremos reis aos que visitar nin falla algunha que nos fan hai tempo que marchamos xa, non imos regresar rosa dos ventos fai que non voltemos máis por este maldito lugar non temos leis que veñan a obrigar a nos axeonllar xuramos hai anos non vivir así e nada nos empuxará a cambiar seguimos o rastro na luza da mañá, voamos lonxe sobre o vento tan so queremos botar a berrar ata quedar sen alento hai tempo que marchamos xa, non imos regresar rosa dos ventos fai que non voltemos máis por este maldito lugar e agora imos polos camiños, lonxe das linguas dos nosos veciños somos libres como animais que nunca miraron humáns non tememo-lo noso destiño e non pensamos voltar, xa pode o sol deixar de brilar rosa dos ventos fai que non voltemos máis por este maldito lugar Hai tempo xa tivemos que marchar cara a ningún lugar a estrela do norte é a nosa nai o grande ceo o noso lar quedamos sen patria o día de partir, somos sombras no ancho mar non queremos reis aos que criticar nin falla algunha que nos fan hai tempo que marchamos xa, non imos regresar rosa dos ventos fai que non voltemos máis por este maldito lugar
2.
Non teñen moral non teñen distinción queren o seu pasado no futuro a nosa dignidade botada a perder por culpa dunha panda de pirados Son os mesmos xestos noutras caras son os mesmos textos noutras pastas sonche todo mentiras escoitadas anos atrás brilantes polo esmalte que tan solo a ciencia sabe dar din que depositemos la esperanza do progreso pero que esta vez señores non imos pasar por eso miremos cara o ceo louvemos ao noso artista non comulgo con historias son rexo evolucionista Non teñen moral non teñen distinción queren o seu pasado no futuro a nosa dignidade botada a perder por culpa dunha panda de pirados Son os mesmos xestos noutras caras son os mesmos textos noutras pastas de súpeto son froito de un deseño intelixente pero canto máis me miro ainda me sinto máis corrente pódese decir en prosa pero esta vez vai en verso temos dun lado papistas doutro temo-los conversos custa recoñecer que todos baixamos da pola eles veñen nembargantes dun arquitecto de moda Non teñen moral non teñen distinción queren o seu pasado no futuro a nosa dignidade botada a perder por culpa dunha panda de pirados Son os mesmos xestos noutras caras son os mesmos textos noutras pastas
3.
O Día 02:49
O Día no que abandonen esta terra e o seu sorriso afogue no fondo martes que as suas leis marchen con eles para o inferno e alí descansen en paz que as suas costas non poidan co seu peso e do seu peito non de saido a voz cos seus brazos non teñan sequera forzas para subir os pantalóns sinto que xa vai chegar sinto que xa vai cehgar o dia no que ó fin poderemos sair berrar somos xente libre xa sería o mundo un sitio máis tranquilo no que poder respirar algo mellor enche-las ruas e solta-los pulmóns malo para eles mellor para nos o dia no que por fin x anon estean e oseu alento non volte molestar que as suas lembranzas marchen tamén para o inferno e ali descnsen en paz sinto que xa vai chegar sinto que xa vai cehgar o dia no que ó fin poderemos sair berrar somos xente libre xa
4.
Ao saires da taberna atopou coa guarnición berrou alto o seu nome comezou a insurrección do primeiro arremangazo xa tumbou a máis de seis os dentes dalgún deles xa non se voltaron ver e topou coa guarnición, topou coa guarnición saia da taberna e topou coa guarnición o sarxento de brigada ante a difícil situación espetoulle ao axundante: “Vai buscar outro escuadrón” e houbo hostias para todos para repartir e dar o que non levou as suas apañou cas dos demáis e topou coa guarnición, topou coa guarnición saia da taberna e topou coa guarnición Os veciños da sua aldea que ese dia foran mallar xamais imaxinaban que pasaba no lugar e ao voltare spola noite non toparon escuadrón nin resto do sarxento nin resto da guarnición e topou coa guarnición, topou coa guarnición saia da taberna e topou coa guarnición e topou coa guarnición...
5.
Tirei pola borda todo o meu futuro amarreino a unha corda e marchei eu detrás e chegan de lonxe pantasmas sen nome tormentas lonxanas que queren voltar cousas que é mellor non lembrar é mellor esquecer cousas que é mellor esquecer é mellor non lembrar paseei polo inferno da man do diaño debo confesar non foi nada especial vendinlle a miña alma por media xornada puso mala cara, non quixo aceptar cousas que é mellor non lembrar é mellor esquecer cousas que é mellor esquecer é mellor non lembrar é mellor non lembrar...
6.
No mundo non hai ron que me poida tumbar a choiva e o sol curtironme a pel dinche o meu amor nunha noite cruel no vello peirao, no vello peirao no meu peito hai un nome de muller que non podo borrar qu enon podo esquencer tiven que sair da taberna a correr no vello peirao, no vello peirao Xoguei todo ó tres, todos dixeron non eu dixen que si e foi parar no dous os gatos de aquí montan excursións pra rirse de min no vello peirao Hoxe a neboa é densa como o fel sinto o corazón batendo nas sens quixen respirar por última vez no vello peirao, no vello peirao soa un acordeón que o mar empurra ata aquí lenguetas para cancións, notas para se despedir a lua coidará do meu corpo ó final no vello peirao, no vello peirao

credits

released January 5, 2007

Motor Perkins somos 7 vecinos das terras do Deza mais un de Vigo
que cantamos e tocamos a bateria, o baixo, a guitarra electrica,
a acustica, o acordeon diatonico e o normal, o violin, o banjo e a
mandolina. De cando en vez ven un de Monterroso a tocar o whistle.

Gravado e mesturado en Donramiro.

license

tags

about

Motor Perkins Lalín, Spain

contact / help

Contact Motor Perkins

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Motor Perkins, you may also like: